CCOO mobilizase en defensa do sistema público de pensións

A Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras de Lugo (FPX-CCOO) mobilizouse o pasado martes en defensa do sistema público de pensións. Durante a mesma, o sindicato esixiu medidas para garantir a sustentabilidade das pensións públicas e a súa  revalorización. Para a FPX-CCOO, a fonte de financiamento que mellor pode garantir un bo sistema de pensións é «a creación de máis emprego, e que este sexa de calidade».

Neste senso, “cómpre avanzar cara a un modelo de crecemento asentado na innovación, mais sen deixar de impulsar nos orzamentos públicos actividades intensivas en man de obra, capaces de xerar oportunidades laborais para as persoas desempregadas, ao tempo que se atenden necesidades da sociedade: atención a persoas maiores e dependentes, mantemento de infrastructuras, rehabilitación de vivendas e edificios, entre outras”, asegura a federación nun comunicado.

Do mesmo xeito, a reforma de pensións, «imposta unilateralmente en 2013», procura reducir a medio e longo prazo o gasto en pensións pola vía da mingua do seu poder adquisitivo. Esto lógrase mediante o factor de sustentabilidade e a nova fórmula de revalorización de pensións, que conduce o colectivo de persoas pensionistas e xubiladas «a unha perda moi importante da nosa pensión, pois o IPC está aumentando por riba do 2 %, cando ademais estamos mantendo os nosos fillos e netos que están no paro».

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo