" />

CD Leganés 0–0 CD Lugo

Empate a cero tantos en Butarque nun partido aberto e con opcións para ambos equipos. Moito ritmo e igualdade no electrónico que deixa ao CD Lugo na parte nobre e conservando a súa condición de invicto. Debutaron Lemos e J.Pereira.

Luís Milla comparecía tras o choque en Butarque, e facíao satisfeito coa actuación do seu equipo logo dun partido duro, complicado e de moitísima esixencia ante un CD Leganés que demostrou ser un rival temible no seu feudo. O técnico volveu a subliñar o papel de todo o persoal nun sistema que ofrece oportunidades de xogo a todos os integrantes, e destaca a gran dinámica de xogo e resultados que mantén ao CD Lugo.

“Sabiamos que ía ser un partido disputado, difícil, no que pequenos detalles ían levar o partido ao carón ou outro. Houbo momentos nos que eles apertaron moito, sobre todo ao comezo das dúas partes. Sabiamos que era un equipo intenso, nada previsible e difícil de controlar. Sacan centros perigosos con moita facilidade. Nós tivemos os nosos minutos, os cambios axudáronnos moito, tamén en ataque. Queriamos facerlles pensar, que o equipo se alargase. Iso deunos un respiro, e ao final sacamos un punto”, concluíu o adestrador do Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo