Celebración do Día mundial da Fibromialxia

Hoxe conmemórase o Día  Mundial da Fibromialxia, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu o acto central que tivo lugar diante do Concello, e que estaba organizado polas asociacións Alufi e Adafi para chamar a atención da sociedade sobre a incomprensión que sofren as persoas afectadas por esta enfermidade.

O  manifesto conmemorativo quixo render homenaxe ao traballo que desenvolven as asociacións ao longo destes 14 anos para visibilizar e concienciar á sociedade desta enfermidade. O manifesto deste ano recoñece os logros acadados, á vez denuncian as desigualdades e inxustizas que perduran. “Solidarizámosnos con todas as persoas diagnosticadas de Fibromialxia nesta época de crise que ameaza os pilares do Estado de Benestar, e reclamamos unha sanidade xusta e equitativa para todas as persoas, para evitar a obscenidade que representaría crear ou manter situacións de exclusión nun momento no que a persoa é mais vulnerable: cando perde a saúde.”

No Día Internacional da Fibromialxia, as persoas afectadas tamén reclaman cinco garantías “como son o acceso universal ao Sistema público sanitario e social dos e das pacientes de fibromialxia así como a calidade e a equidade do sistema en todas as Comunidades Autónomas, mediante tratamento e prevención, criterios de avaliación de discapacidades e invalideces, medidas de inserción laboral e dereitos a prestacións sociais se corresponde”.

Tamén piden garantir o principio de corresponsablidade na planificación das políticas sanitarias e sociais e os Plans Directores de aplicación; garantir a representatividade das asociacións de persoas afectadas e o recoñecemento da súa labor social; a investigación pública e o fomento da investigación privada co obxetivo de descubrir a orixe, mellorar os tratamentos e previr a enfermidade; e por suposto, garantir o respecto cara as e os pacientes, familias e profesionais que traballan e se forman para ofrecernos unha mellor atención.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com