" />

Cervo ofrécese a instalar antenas para que os gandeiros podan usar o sistema de monitoreo do gando ‘Rumi’

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo onte unha reunión cos gandeiros do municipio, co obxectivo de abordar a instalación dunhas antenas que permitan darlle cobertura á aplicación RUMI, un sistema de monitorización por GPS para gando vacún.

Á reunión acudiu un dos fundadores da empresa tecnolóxica creadora de RUMI, onde lles explicou aos presentes o funcionamento da aplicación e as melloras que se derivarían da súa implantación.

A aplicación funciona mediante uns colares, colocados nos animais, que transmiten diferentes datos ás antenas estratexicamente colocadas, que á súa vez reproducen os datos no programa. Coa recolección destes datos pódense coñecer diferentes aspectos dos animais, como a súa localización actual, o seu movemento nos últimos días, a detección do celo e, incluso, notifica cando os animais se poñen de parto.

Alfonso Villares explicou que “coa colocación destas antenas ofrecémoslle aos nosos gandeiros e gandeiras a posibilidade de contar con RUMI, unha aplicación que pretende incrementar a calidade de vida e a rendibilidade das ganderías, mellorando o benestar animal mediante a análise de datos”.

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo instalaremos todas aquelas antenas que se precisen para que os nosos gandeiros podan optar a este servizo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo