" />

Cidadáns considera “que non é lóxico que nun turno haxa só 4 policías patrullando e 8 nas oficinas”.

O grupo municipal de Cidadáns pide á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que “se tome en serio o problema da Policía Local”. O concelleiro de Cidadáns Xesús Expósito, afirma que “o corpo da Policía Local é un dos servizos municipais que máis queixas recibe da cidadanía de Lugo, que reclama maior presenza de axentes na rúa e maior implicación na súa labor de garantir a seguridade pública”.

Cidadáns explica que o custo en salarios dos 125 membros da Policía Local (95 axentes e 30 mandos) ascende a 5 millóns de euros ao ano, aos que hai que engadir máis de 350.000 euros repartidos en concepto de produtividade e horas extra. En concreto, Lara Méndez pagoulles o ano pasado un total de 190.000 euros en concepto de horas extra e reservou nos Orzamentos deste ano 2016 180.000 euros para abonarlles en concepto de produtividade.

Xesús Expósito explica que con eses cartos (370.000 euros) “poderíanse contratar 14 axentes máis para patrullar as rúas. Cidadáns non entende como se pode pagar produtividade e horas extra facendo 27 horas efectivas de traballo á semana, cando deberían facer 35.

Cidadáns critica tamén que o Goberno municipal creara 6 novas prazas de mandos da Policía Local para o vindeiro ano “cando o que realmente precisa a cidade de Lugo son axentes na rúa e non xefes nos despachos”.

Policía de proximidade ao servizo da cidadanía

O concelleiro considera necesario “actualizar” o regulamento polo que se rexe a Policía Local así como unha “reorganización do corpo adaptada ás novas funcións que debe realizar”. Neste sentido, Cidadáns defende un modelo de Policía local “de proximidade”, cos axentes “na rúa ao servizo do cidadán e contribuíndo a unha maior seguridade pública”.

Xesús Expósito afirma que a Policía Local ten “poucos efectivos”, polo que “é preciso optimizar a actual plantilla deficitaria mediante unha reorganización do corpo”. “Pensamos que os policías locais non deben estar nos despachos tramitando papeis senón na rúa patrullando, que é o que reclama a cidadanía de Lugo”, conclúe Expósito. Ciudadanos considera “que non é lóxico que nun turno haxa só 4 policías patrullando e 8 nas oficinas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo