Cidadáns denuncia falta de previsión na programación do auditorio

Cidadáns ven de emitir un  comunicado sobre o recentemente “inaugurado” auditorio, onde fai diversas consideracións sobre esta obra tan demandada polos lucenses, dende que se perdeu a oportunidade de contar cun auditorio no centro da cidade, cando inexplicablemente se derrubou o edificio do GranTeatro. “Tras 5 anos en construción, parece que dentro de poucos meses imos atoparnos cun novo auditorio listo para funcionar, asumindo que Concello e Xunta se poñan de acordo para financiar o seu equipamento sen convertelo nunha partida de tenis competencial. Subliñan.

“ Pero preocúpanos máis aínda, se cabe, que vai pasar despois”, inciden.

 Cidadáns continúa, “Indubidablemente se a estas alturas existise xa o esqueleto dunha programación seria, o Concello dispoñería dunha boa ferramenta de presión á hora de conseguir que a Xunta colabore activamente no urxente equipamento do auditorio”.

Asemade o comunicado segue,“resulta indignante que quen se pasou anos pedindo o novo auditorio e reclamando a súa finalización para por fin estar á altura doutras cidades, chegasen a este momento sen previsión de como vai ser utilizado, sen idea algunha de cal vai ser a súa programación, como se puxo en evidencia na Xunta de Portavoces de onte. Unha cousa é que poida acoller, como se acordou en Pleno, a Escola de Música; outra ben distinta que deba haber unha programación cultural á altura dun gran auditorio e unha gran cidade”.

 “Hai uns anos, a Concellería de Cultura rexeitou incomprensiblemente a participación de Lugo no programa Platea promovido polo Ministerio de Cultura; e a día de hoxe, segue sen haber indicios de planificación algunha. Unha boa programación cultural é algo que precisa coñecemento, vontade, traballo e tempo. Non se improvisa sobre a marcha, non se fai dun día para outro, no caso das grandes compañías, nin sequera dun ano para outro”.

 E remata, “Parecen crer que vai ser unha simple cuestión de trasladar ao novo auditorio o que xa se está facendo noutras partes. De ser así, este equipo de goberno vai atopar, ademais de con unha enorme factura de mantemento, coa indignación dunha cidade que non pode nin debe entender como por pura imprevisión desperdíciase esta oportunidade para poñer a Lugo á vangarda cultural das provincias españolas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com