Cidadáns denuncia que o Concello teña sen executar a metade do Plan de Investimentos do 2016

Goberno de Lara Méndez ten aínda sen executar a metade do Plan de Investimentos aprobados no Orzamento do ano 2016. Así o denunciou esta mañá a voceira de Cidadáns no Concello, Olga Louzao.

Na súa denuncia, Louzao, explica que o Goberno municipal aprobou en maio do ano pasado co apoio de Lugonovo un Orzamento municipal de 91 millóns de euros, que incluía no Capítulo VI, investimentos por importe de 5,7 millóns de euros, dos que a día de hoxe a metade está aínda pendente de gastar.

Segundo os datos facilitados por Cidadáns, a liquidación do Orzamento de 2016 indica que o nivel de execución do Goberno municipal “foi tan baixo que hai 21 millóns de euros de remanentes“, dos que só 7,7 son créditos comprometidos, mentres que 13,3 non teñen adxudicado ningún fin, polo que unha boa parte terán que ir destinados a amortizar débeda como consecuencia da Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria ao non cumprir o Concello de Lugo co prazo medio de pago a proveedores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo