Cidadáns denuncia que o Goberno Municipal segue con contratos caducados dende hai máis de tres anos

O Grupo Municipal de Cidadáns queixouse esta mañá da aprobación mediante decretos dos novos reparos de legalidade, debido á caducidade dos contratos de varios servizos.

“Estes servizos son parte fundamental da atención á cidadanía, e ao ter os contratos caducados non se pode mellorar o servizo nin o prezo, xerando un grave prexuízo aos cidadáns” considera a voceira de Cidadans Olga Louzao.

Algúns destes servizos levan cos contratos caducados desde o 2015 como o número de atención ao cidadán 010. Mención  aparte merece o do Auditorio de FRIGSA, leva máis tempo e está denunciado diante dos xulgados por empresas que participaran no seu momento no concurso.

Entre os contratos caducados resulta especialmente grave o de Urbaser, que finalizou en marzo de 2017, no medio das queixas dos cidadáns pola sucidade e proliferación de pragas que hai na cidade.

“O servizo de limpeza cústanos case 600.000 euros ao mes e seguimos sen noticias da nova licitación, mentres os veciños quéixanse da suciedade da cidade, pero o Goberno Municipal non fai nada para mellorar este servizo”, opina Louzao.

O total do diñeiro que se gasta ao mes por algúns destes contratos caducados supera os 875.000 euros, “estes servizos son unha parte fundamental da atención á cidadanía, pero con tanto anuncio e titular parece que a alcaldesa estase esquecendo, xa que a día de hoxe seguimos sen ter constancia de que se vaian a sacara a licitación. Mentres tanto, Lara Méndez dedícase a anunciar grandes obras sen establecer prioridades”, 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com