" />

CIG, CCOO e UGT presentaron denuncia na Inspección de Traballo contra Alcoa

As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT presentaron hoxe denuncia na Inspección de Traballo contra a multinacional do aluminio “por decretar un peche patronal e impedirlle aos traballadores e traballadoras das contratas e subcontratas acceder á fábrica para realizar o seu traballo con normalidade”. Cómpre subliñar que a folga indefinida que comezou hoxe está convocada polo comité de empresa de Alcoa e afecta ao persoal da principal, e non será até mañá, martes 21, cando se faga efectiva legalmente a convocatoria de paro xeral nas auxiliares.

Ao non estar cubertos pola convocatoria de folga, os traballadores e as traballadoras das auxiliares acudiron hoxe ao seu posto con normalidade, pero para a súa sorpresa “Alcoa non lles permitiu acceder ao complexo industrial para realizar as súas tarefas, decretando un peche patronal absolutamente ilegal”.

Dende a plataforma coordinadora de auxiliares denuncian “que Alcoa está utilizando a convocatoria de folga como escusa para parar a produción, reducir a carga de traballo e aforrar cartos a conta do conxunto do persoal. Diante desta vulneración de dereitos, xa foi presentada denuncia na Inspección de Traballo para que adopte as medidas oportunas, pois a empresa non ten potestade para vulnerar o dereito ao traballo e decidir que persoal pode acudir ou non ao seu posto”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo