" />

CIG- Saúde denuncia a falta de pediatra no Centro de Saúde de Viveiro

CIG Saúde A Mariña denunciou esta mañá a falta dun médico pediatra no Centro de Saúde de Viveiro. O sindicato esixe que se cubra esa praza e poñan así fin a unha situación que «ven repetindo sen excepción dende hai anos cada vez que algún dos pediatras titulares ten que ausentarse do seu posto de traballo, o que xera un profundo malestar na cidadanía dconcello por atoparse sen atención axeitada para os nenos e nenas». A situación, aparte de afectar aos habitantes de Viveiro, afecta tamén aos habitantes dos concellos limítrofes de Ourol e o Vicedo e prevese que esta situación se agrave chegado o período de nadal polas ausencias programadas dos profesionais da pediatría.

“O centro de saúde de Viveiro conta con dous profesionais de pediatría. Durante o tempo no que un dos facultativos goza do seu período de vacacións, o outro especialista cubre o seu cupo e o do compañeiro o que vai en contra de todas as recomendacións oficiais para garantir unha atención de calidade”denuncian.

Esta política de ausencia de contratación do SERGAS “perxudica a calidade asistencial” e fai que os poucos pediatras que hai, “procuren fuxir” da Atención Primaria ou se vaian a outras comunidades en busca dunhas condicións de traballo mellores.

A solución que aporta a Xerencia de Lugo é “forzar citas a maiores na axenda”, sendo habitual citar a catro pacientes no mesmo tempo, o que provoca “frustación no profesional pola sobrecarga asistencial que lle impide atender aos seus pacientes dedicándolle o tempo que consideran necesario para unha boa atención”. 

A sensación dos profesionais cando saén do traballo é de insatisfacción laboral sendo conscientes de que as cousas se poderían facer moito mellor e que “é a propia administración que o impide simplemente para aforrar sen importarlles a calidade da asistencia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo