Cinco persoas máis contraeron o Covid-19 en Lugo nas últimas horas

Os novos casos de Coronavirus en Lugo e Provincia elevan a trinta e seis os infectados polo andazo que comezou en China. O crecemento de afectados en Lugo mantense estable, pois, ao igual que onte, foron cinco.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e 15 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 99 están en unidades de hospitalización e 330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 5 falecementos. O último falecido foi un varón de 75 anos, con patoloxías crónicas previas, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e 15 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 99 están en unidades de hospitalización e 330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 5 falecementos. O último falecido foi un varón de 75 anos, con patoloxías crónicas previas, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.l

Test de Coronavirus express no HULA

Xa está en marcha no Hula a realización dun test para detectar posibles casos de infectados. As persoas que teñan que facer a proba, a cal ten que ser autorizada por un médico/a, seguindo os protocolos establecidos, pode achegarse ao hospital e sen baixar do coche realízar dita proba.

 

 

Foto: Pixabay

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com