Cidadáns advirte de que Lugo podería perder unha quinta parte dos seus policías locais dentro de dous meses

O grupo municipal de Ciudadanos alertou novamente esta mañá da situación na que se atopa a Policía Local, formada neste momento por 125 membros, pero que podería verse mermada de xeito moi importante coa entrada en vigor no vindeiro mes de xuño do Real Decreto acordado entre a FEMP e o Ministerio de Emprego para adiantar a idade de xubilación dos policías locais aos 60 anos.

O concelleiro de Cidadáns Xesús Expósito explicou que o concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, informou esta mañá na Comisión a preguntas de Ciudadanos que o número de membros do corpo podería verse reducido nunha quinta parte, dado que dos 125 policías actuais 18 deles (6 oficiais, 1 intendente principal e 11 axentes) teñen xa máis de 60 anos e outros 6 cumpren durante este ano.

Cidadáns alerta do alto grado de envellecemento da plantilla actual da Policía Local de Lugo, posto que nos últimos anos non foron convocadas prazas para novos axentes que fosen substituíndo aos que se xubilaban e rexuvenecendo a plantilla. De feito, o Goberno local aprobou a Oferta de Emprego Pública deste ano, na que non se contempla ningunha praza para novos axentes. Inclúense, sen embargo, 6 novas prazas de mandos dentro da Policía Local, que serán cubertas por promoción interna entre os actuais axentes. En concreto, trátase dunha nova praza de inspector principal, tres inspectores e 2 oficiais, co que “a Policía Local de Lugo vai camiño de converterse nun corpo con máis xefes que axentes”, criticou Xesús Expósito. Con esta reorganización deseñada polo Goberno, o corpo pasará a contar con 28 mandos e só 97 axentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo