Ciudadanos Lugo levará ao Pleno a dotación de servizos no Barrio da Residencia

Ciudadanos Lugo vén de anunciar que presentará unha iniciativa no vindeiro pleno municipal, para dotar de servizos o barrio da antiga Residencia, compromiso que acadaron no seu programa electoral, e que segundo explican, están dispostos a cumprir.

Nesta proposición búscase o acordo entre todas as forzas municipais presentes na Corporación, para presentar á Asociación de Veciños un proxecto concreto e consensuado, que teña en conta tanto os servizos necesarios como a dotación presupostara que se pode dedicar. Olga Louzao,voceira da formación no Concello de Lugo afirmou que o que pretenden”é buscar medidas satisfactorias tanto para os membros da Corporación como para os veciños da zona, xa que os partidos agora presentes tiñamos un plan de rehabilitación concreto, en algúns casos, ata similar”.

“A proposta de Ciudadanos Lugo busca o compromiso do Goberno municipal,  sobre todo, nos tempos, para evitar, como foi pasando ata agora, que as solucións se demoren. Pídense prazos concretos para cumprir cada acordo. Os servizos que Ciudadanos propón van orientados as necesidades, non so desta zona, senón tamén da cidade, e buscando unha revitalización económica que vaia encamiñada a xerar novas oportunidades empresarias e de emprego. Aquí entraría a posibilidade de ubicar no vello hospital a nova comisaría de Policía, e servizos de saúde para desdobrar aqueles que se encontran saturados”, sinalou Louzao.

Tamén se fai referencia á posibilidade de poñer en marcha nos espazos restantes un gran centro social, unificando os xa existentes na zona, centro que inclúa unha biblioteca e ocioteca. Olga Louzao destacou que “neste barrio o crecemento da poboación de maior idade vai en aumento e, a pesar de existir colexios e institutos nos arredores, non se contan con servizos dirixidos a eles. Podemos aproveitar este momento para implantar novas actividades que son necesarias”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com