Clausurado o obradoiro dual de emprego en Vilalba e Abadín

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego que compartiron os concellos de Vilalba e Abadín, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta con 304.300 euros.

Balseiro estivo acompañado pola alcaldesa, Elba Veleiro, e o alcalde de Abadín, José María López Rancaño, entre outros. Na clausura os 20 participantes que remataron os nove meses de formación remunerada recibiron un diploma, nun acto que tivo lugar na casa da cultura de Vilalba, O delegado lembrou que ao tratarse dun obradoiro dual, a Xunta subvenciona a contratación durante tres meses máis de 11 dos alumnos traballadores en empresas locais.

Neste tipo de proxectos formativos, teñen prioridade as especialidades vinculadas ao eido forestal e ao Camiño de Santiago, dous sectores de gran importancia na provincia de Lugo. Nesta liña, seis alumnos de Vilalba e outros tantos de Abadín recibiron formación en “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

Ademais, oito participantes no obradoiro formáronse na especialidade de “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos” e traballaron na organización e dixitalización do arquivo municipal de Vilalba.

Xa está en marcha unha nova convocatoria deste programa de emprego que pretende reorientar a traxectoria profesional de traballadores desempregados e ofrecer cualificación axeitada ás demandas do mercado laboral. Os participantes adquiren formación teórica e práctica e experiencia laboral -cun contrato de traballo- ao tempo que realizan obras e servizos en beneficio dos veciños e veciñas dos municipios que os acollen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com