" />

Codex Cinema propón dúas estreas que amosan a incrible calidade e versatilidade actual do cinema europeo

Esta semana Codex Cinema propón dúas estreas que amosan a incrible calidade e versatilidade actual do cinema europeo.

A primeira estrea é A rapaza e a araña, filme dirixido polos irmáns suízos Ramon e Silvan Zürcher. Trátase dunha película narrada en clave íntima que conta o drama que xorde froito dunha mudanza. Lisa, quen leva moitos anos vivindo coa súa amiga decide cambiar de piso e este feito desembocará nunha profunda crise vital entre as dúas rapazas. A rapaza e a araña gañou o premio ao Mellor Guión no Festival Mar del Plata de 2021, tamén foi seleccionada para participar na sección Encounters da Berlinale e na sección oficial da Seminci de Valladolid.

A outra estrea da semana é O acusado, adaptación dunha novela de Karine Tuil. Consiste nun asfixiante filme que navega entre o drama familiar e o thriller xudicial e, ademais, pon sobre a mesa o debate sobre o consentimento. Un mozo exitoso e de boa familia é acusado de violar a unha rapaza. A película amosa un poderoso retrato da contradición do ser humano e das inexactitudes legais e morais do sistema xudicial. No seu reparto conta con Ben Attal, Suzanne Jouannet, Charlotte Gainsbourg e Mathieu Kassovitz. Foi candidata ao mellor guión adaptado nos Premios César de 2021 e, ese mesmo ano, concursou no Festival de Venecia.

Poden consultar todos os horarios na páxina: www.caldiae.gal

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo