" />

Colectivos reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza

Máis de corenta organizacións galegas de diversos ámbitos veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia do Covid-19.

Entre os colectivos asinantes podemos atopar unha ampla representación da sociedade galega a través de sindicatos agrarios e obreiros como SLG, Fruga e CIG; organizacións ecoloxistas como AdegaAmig@s da Terra, Greenpeace ou o MEL; unha de decena de entidades investigadoras vinculadas ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo; varios centros sociais; ou diversas agrupacións de consumo, labregas, profesionais, etc.

No manifesto reclaman á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, todos os esforzos posibles para que a partir do 31 de marzo, data ata a que a Xunta prohibiu a celebración de mercados alimentarios de proximidade, volva autorizalos “preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados”.

 

Foto:Pixabay

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo