" />

Comerciantes, empresarios e autónomos da Montaña infórmanse sobre as axudas da Xunta

A Delegación territorial da Xunta en Lugo vén de organizar unha xornada informativa sobre axudas dirixidas a empresas, comerciantes e autónomos da Montaña lucense. A citar terá lugar o vindeiro luns 9 de abril, a partir das 20.30 horas, no Centro Sociocultural.

A xornada desenvolverase con entrada totalmente libre e gratuíta e nela, ademais de explicarse as principais características das distintas liñas de apoio a estes colectivos terán oportunidade de resolver dúbidas nun coloquio final.

Está previsto que o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presida este encontro no que tamén participarán técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo