" />

Comeza a semana cultural sobre Carbalho Calero en Lugo

A exposición Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero abre hoxe a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Compleméntase cunha exposición na Biblioteca Pública Provincial e a presentación, o xoves, dun libro con lembranzas do paso do escritor polo colexio de Fingoi, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A mostra instalada na sala de exposicións da Delegación Territorial foi inaugurada polo delegado territorial, Javier Arias, e o escritor e xornalista Xulio Xiz en representación dos organizadores, e contou coa presenza de familiares do profesor Manuel Regueiro, auténtico impulsor da exposición de Fraguas. A través de distintos paneis, reflicte os nove anos lucenses de Fraguas -homenaxeado nas Letras Galegas do 2019- e os quince de Carbalho Calero. No caso de Fraguas, de 1950 a 1959, na cátedra de Xeografía e Historia do Instituto Lucus Augusti (daquela Instituto Masculino), e Carballo Calero de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi.

A Biblioteca acollerá tamén o xoves día 22 a presentación dun libro co mesmo título sobre a pegada que deixou en Lugo o profesor, recollendo testemuñas en primeira persoa de moitos dos seus alumnos e alumnas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo