Comeza o #INLUGO, o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais da Deputación

Mañá arranca o #INLUGO, a cuarta edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais que organiza o Goberno da Deputación, coas 600 prazas totalmente gratuítas esgotadas. Dará comezo a partir das 16.00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, coa benvida ao público e aos poñentes por parte do Presidente, Darío Campos Conde, e da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López. O organismo provincial promove un ano máis a celebración deste evento, consolidado no panorama galego e estatal, co obxectivo de fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre todos os sectores da poboación e reflexionar sobre o papel das mesmas na sociedade actual.

Lugo converterase durante esta fin de semana no epicentro das redes sociais e da cultura dixital coa presenza confirmada de preto de 20 destacados expertos e figuras relevantes das novas tecnoloxías, que compartirán nesta cita os seus coñecementos cos asistentes. A expectación que xera este evento é tal, que nas primeiras 24 horas trala apertura do prazo de inscricións, completouse o 70% do aforo.

A previsión é que preto de 600 persoas asistan a esta nova edición do congreso, converténdose ademais nun escaparate de excepción para a promoción económica e turística da provincia. De feito, o #INLUGO vén conseguindo en cada edición ser trending topic en Twitter, o que supón unha gran proxección da provincia e do talento lucense. Cómpre sinalar que todas aquelas persoas que non teñan a súa entrada e queiran seguir o congreso, estas poderán facelo a través de Internet, pois a TIC da Deputación emitirao en streaming na web www.deputacionlugo.gal ou www.inlugo.com.

Xunto ao coñecemento e formación que todos os asistentes a #inlugo16 recibirán a través dos relatorios e obradoiros, o programa completarase, como en pasadas edicións, con outras actividades de ocio e socialización que permitan estender os lazos entre persoas, máis alá dos dixitais. É o caso do concurso de fotografía #inlugo16 co que se busca premiar á mellor fotografía da cidade (podendo estar tamén relacionada co congreso) que os asistentes publiquen en Twitter co hashtag #inlugo16. O gañador do concurso recibirá un smartphone última xeración.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com