" />

Comezan as actividades medioambientais gratuítas nas Insuas do Miño

Comezan as actividades medioambientais gratuítas nas Insuas do Miño, promovidas polo Goberno da Deputación. 36 alumnos de 4ª curso da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participaron hoxe na primeira actividade programada: unha saída ao campo para a observación de morcegos. O vindeiro domingo, 6 de maio a ANPA do Colexio Anexa de Lugo visitarán este espazo natural, mentres que o martes, 15 de maio, serán os alumnos do IES A Pinguela de Monforte os que participen nas actividades.

Os interesados en participar nestas actividades medioambientais totalmente de balde que oferta o Goberno da Deputación na Casa das Insuas aínda poden solicitalo a través do teléfono 982 227 812.

O Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas atópase na antiga Casa Consistorial do Concello de Rábade. O Goberno da Deputación desenvolve neste espazo un programa de actividades de educación ambiental que complementan as ofertadas no Centro de Interpretación de Terras do Miño, durante o terceiro e cuarto trimestre do ano. Na pasada anualidade leváronse a cabo 17 actividades nas que participaron máis de 350 lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo