" />

Comezan as Aulas da Terceira Idade en Vilalba

O Concello de Vilalba anunciou hoxe que en próximas datas darán comezo un ano máis as Aulas da Terceira Idade para persoas maiores de 50 anos. A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos organiza esta actividade que permitirá realizar ximnasia de mantemento ao longo do curso.

A cota de inscrición é de 45 euros anuais, e a duración do curso abrangue desde o vindeiro 17 de outubro ata o mes de maio incluído. As actividades impartiranse no Pavillón do IES Santiago Basanta Silva os martes e xoves en horario de tarde (de 17:45 a 19:00 horas, ou de 19:00 a 20:15 horas).

As inscricións levaranse a cabo no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba e o prazo estará aberto ata o día 10 de outubro. Así mesmo, as persoas interesadas poderán dirixirse ata este departamento ou poñerse en contacto no teléfono 982 52 30 32.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo