" />

Comezan as labores de limpeza integral no barrio de Augas Férreas

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou este luns o inicio dos traballos de limpeza integral no barrio de Augas Férreas que levará a cabo o dispositivo posto en marcha polo goberno de Lara Méndez. Deste xeito, os efectivos das empresas encargadas do aseo urbano, o mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís – apoiados polas brigadas municipais – unificarán os seus esforzos nesta contorna para mellorar o seu acondicionamento, sen descoidar o labor ordinario que levan a cabo diariamente. 

O operativo encargarase – de forma simultánea e coordinada – da roza de vías e predios municipais, da limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, do baldeo das rúas e perfilado do céspede; desherbaranse os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos. Logo de que os traballos conclúan neste punto da capital, o dispositivo continuará por Fingoi.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo