" />

Comezan as obras de renovación en varias rúas das Gándaras

Nos vindeiros días darán comezo os traballos de asfaltado nas rúas Aguia e Bubela, no barrio das Gándaras. Así o notificaron hoxe membros do Goberno municipal que responde, con estas obras, a unha solicitude “que a veciñanza da contorna leva realizando moito tempo debido ao estado destas dúas rúas”.

Asemade, a contorna deste barrio verá tamén mellorada a súa facha con outras intervencións no firme das rúas Lavanco e Calzada das Gándaras tanto na zona de aparcamento como o acondicionamento para novas marquesiñas do bus. Do mesmo xeito, seguno fontes municipais, estase a realizar tamén a mellora da drenaxe da vía.

Debido a estes traballos dende o Consistorio solicitan á veciñanza que circule con precaución polas rúas a asfaltas para garantir a seguridade “tanto das persoas usuarias da vía como das traballadoras e traballadores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo