Comezan as obras no tramo final da estrada LU-P-4802 entre A Pontenova e Ribeira de Piquín

As obras de mellora no tramo final da estrada que une A Pontenova e Ribeira de Piquín xa están en marcha. A actuación, executada pola empresa Ovisa céntrase nun treito de aproximadamente tres quilómetros que discorre paralelo ao río Eo, entre a parroquia de Santalla e Ponte Soutelo, na comarca da Montaña Luguesa.

Os traballos iniciáronse coa reapertura de cunetas para mellorar a drenaxe da vía e continuarán coa construción dunha escollera destinada a reforzar a estabilidade do terreo. Ademais, o proxecto inclúe a pavimentación con aglomerado en quente e a renovación completa da sinalización horizontal e vertical.

Esta actuación supón unha mellora significativa para a seguridade viaria e para a conectividade entre as comarcas da Mariña e da Montaña. A estrada desempeña un papel fundamental na comunicación entre as parroquias situadas no val do Eo, unha contorna de gran valor natural e paisaxístico que verá reforzadas as súas infraestruturas de comunicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com