Comezaron as conversas para o pacto de goberno, o Bng apoiará a Lara Méndez

Psoe e Bng xa se reuniron esta mañá e os nacionalistas apoiarán a candidatura de Lara Méndez para alcaldesa, segundo declararon os representantes do Bng en rolda de prensa, logo da reunión que mantiveron cos negociadores do Psoe. A dita reunión asistiron, por parte dos socialista, Carmen Basadre e Luís Álvarez e polo Bloque fixérono Maite Ferreiro, Rubén Arroxo e Alexandre Penas. Á saída da xuntanza os responsables nacionalistas declararon que todo transcorrera con normalidade , xa que o Psoe aceptou os puntos que demandaban os nacionalistas: apoio aos traballadores en casos de conflitos como o de Urbaser, políticas activas contra a violencia de xénero, dar voz aos veciños nos plenos, sempre seguindo uns trámites; política fiscal progresiva, que pague máis o que máis ten; e potenciación dos servizos sociais.

No tocante a entrar no goberno, os representantes nacionalistas comentaron que o partido aínda non decidira sobre ese tema.

Por outra banda esta tarde reuníranse os socialistas representados polas mesmas dúas persoas que o fixeron co Bng e Lugonovo polo que asistirán Neves Núñez, Xosé Anxo Laxe, Bernardino Pardo e Elías Pérez.

Aínda que pouco se sabe de cales son as demandas de Lugonovo, si lles podemos adiantar que ás reunións, os representantes da plataforma política, van coa intención de negociar a entrada no goberno, sempre e cando se dean as condicións para facelo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com