" />

Comunicado do Secretario Xeral do PSdG despois da providencia xudicial emitida por un xulgado de Lugo

Despois de ter coñecemento a través dos medios de comunicación da emisión dunha providencia xudicial na que se me chama a declarar como imputado como consecuencia dun procedemento administrativo tramitado hai case dez anos no Concello de Lugo, data na que eu era concelleiro de urbanismo, quero manifestar a miña sorpresa por ter coñecido esta decisión xudicial a través dos medios de comunicación e non ter recibido ningunha notificación por vía xudicial, o que provoca unha situación de indefensión inadmisible.

Teño a confianza absoluta na legalidade do proceder do Concello de Lugo con respecto á zona do Garañón. É publico, e así tamén foi recollido nos medios de comunicación ao longo da última década, que todos os trámites administrativos referidos ao Garañón se axustaron estritamente á legalidade e as determinacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo Partido Popular en 1991. Así se puxo de manifesto en todos e cada un dos informes técnicos favorables emitidos nos distintos procedementos administrativos.

Quero volver a informar de que xa no seu día, e por iniciativa propia, enviei ao Xulgado nº 1 de Lugo toda a documentación relativa á miña situación patrimonial, posto que era, e é, de máximo interese pola miña parte que o Xulgado teña esta información; documentación que, por outra banda, é pública, posto que consta nos rexistros de intereses da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Lugo, sendo accesible a calquera cidadán.

Esixo todas a garantías e a resolución desta investigación coa maior celeridade posible polo prexuízo que causa sobre a miña inocencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo