" />

O Concello advirte de cortes no tráfico pola San Silvestre

O Concello de Lugo advertiu onte de que o vindeiro domingo 31 de decembro, con motivo da celebración da proba deportiva San Silvestre do Club Fluvial, haberá cortes do tráfico rodado en diversas vías da cidade.

Entre as 15:30 e as 19:00 horas, debido aos traballos de montaxe e desmonte de infraestruturas e a celebración das distintas probas deportivas, cortarase ao tráfico rodado a rúa Fermín Rivera entre rúa Vella da Ponte e a pasarela do río Miño (antigo lavadoiro). Permitirase o acceso de residentes e servizos desde a Ponte Romana ás instalacións do Club Fluvial.

Durante a celebración da carreira absoluta (circuíto de maiores), a estrada de Orbazai sufrirá un corte entre Fermín Rivera e a Ponte sobre o río Mera na franxa horaria de 17:15 a 18:15 horas aproximadamente.

Para efectuar os distintos cortes e desvios na circulación rodada, instalarase a correspondentes sinalización circunstancial e haberá efectivos de Policía Local, Protección Civil e da propia organización do evento deportivo para orientar aos condutores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo