Concello e ACADAR polo empoderamento das mulleres con diversidade funcional

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, visitaron hoxe ás 20 mulleres que participan, nas instalacións do Centro de Convivencia de Fingoi, no programa Emprego e saúde a través do empoderamento, organizado por Concello e ACADAR.

A través deste proxecto, a entidade local e o colectivo pretenden conseguir que as participantes logren mellorar a súa calidade de vida, e isto conségueno mediante a redefinición do autocoñecemento. Para elo, foméntase a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a busca de emprego, repercutindo positivamente na reeducación das características propias, garantindo a igualdade de oportunidades, promocionando a participación social e activa das mulleres con discapacidade e, deste xeito, camiñar cara a igualdade real.

En total, o proxecto engloba catro obradoiros que se están a desenvolver durante o mes de xuño. As mulleres participantes están divididas en dous grupos e cada un destes grupos asiste unha vez á semana, ou martes ou xoves, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com