Concello e Deputación contruirán no paseo do Rato un carril bici

O Voceiro do Goberno en funcións, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, informaron este venres que a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou con 505.600 euros os traballos de construción no Paseo do Río Rato dun carril específico para bicicletas.Trátase dun proxecto de Deputación e Concello de Lugo que se desenvolverá ao carón do río rato, nun treito de 2,5 quilómetros, entre o inicio do paseo, na zona da Tolda da Castela, e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Previsiblemente, as obras iniciaranse no remate do verán.

O carril para bicicletas situase entre o paseo peonil e a estrada do Rato. No comezo, na zona da Tolda, dotarase unha zona de ocio, con bancos, paneis informativos… Para a construción do propio carril, instalarase unha tarima de 2,5 m de ancho. Todo o carril disporá dun pasamáns de seguridade de madeira duns 90 centímetros. Debido ao desnivel que existe en distintos puntos do paseo, será necesario construír 4 plataformas elevadas que estarán sostidas ao chan por vigas de madeira. Tanto no propio paseo como nas plataformas, empregaranse materiais antiesbarrantes e respectuosos co medio ambiente e coa fauna da zona. Dotarase a zona tamén de aparcadoiro para bicicletas e sinalización.

O Voceiro do Goberno en funcións destacou que “cumprimos unha vez máis cos veciños e presentamos este proxecto do carril para bicicletas que axudará a dinamizar o que é o pulmón verde da cidade de Lugo. A posta en valor deste espazo, no que ademais de dotalo do novo sistema de iluminación, tamén temos o Centro de Interpretación no que ofrecemos centos de actividades gratuítas, pasa por continuar desenvolvendo proxectos que respondan ás necesidades da cidadanía, e a construción deste carril era unha delas. Logo da dotación do sistema de alumeado, cada vez son máis os veciños non só de Lugo, senón da provincia, que se achegan a este espazo natural que esperemos que cando conte co carril para bicicletas visiten aínda máis”.

Características da obra

As obras deste proxecto comprenden o acondicionamento do terreo, co o desbroce e limpeza do terreo para a posterior apertura da caixa para a execución do carril mediante o desmonte. De seguido, faranse traballos de drenaxe transversal, coa instalación de tubaxes, que é garantía de durabilidade. Para dar continuidade ao carril bici, debido á orografía do terreo, será necesario a execución de catro pasarelas pilotadas que se construirán en madeira aserrada. As alturas máximas previstas da plataforma de paso sobre o chan son de 2m. Tamén se executarán muros de perpiaño coa súa correspondente pasamáns de seguridade. Para a pavimentación empregarase zahorra artificial, para posteriormente colocar en ambos marxes, bordillos rectos de formigón que terán a función de encofrado perdido cando se verta a solera.

Finalizada la solera de formigón, o carril dotarase dun revestimento de protección de pavimento sobre el formigón de 2 a 3 mm de espesor total aproximado, acabado rugoso, con resistencia ao deslizamento. Este revestimento tamén se executará nas pasarelas de madeira. Finalizada a pavimentación, realizarase o pintado do eixe do carril bici mediante una marca vial reflexiva branca. Ademais este espazo dotarase dos paneis informativos, soportes aparca bicicletas, bancos de madeira, papeleiras e a correspondinte sinalización vertical. Realizaranse tamén traballos de xardinería e tratamento da paisaxe, coa plantación de diversas especies autóctononas da zona.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xul 05, 2019 - 08:37 PM

    Ratos?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com