Concello e Xunta crearán un aparcadoiro na futura praza da Estación de Autobuses

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo e o Delegado da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, reuníronse no día de hoxe para solucionar cuestións que atañen a ámbalas dúas administracións. Na rolda de prensa posterior á xuntanza, os representantes das administracións galega e municipal anunciaron a colaboración entre ambas institucións en asuntos culturais e de infraestruturas.

Ao respecto do novo auditorio, o Delegado da Xunta indicou que se está “avanzando no trámite da conexión da rede eléctrica”. O representante do goberno local indicou que “é un paso importante para que poida comezar a funcionar”, e engadiu “quedarían unicamente cuestións técnicas para axilizar a entrega e que poida estar en funcionamento o antes posible”. Asemade, destacou o interese da área de Cultura do Concello en integrar o Concello de Lugo na Rede de Auditorios da Xunta “para colaborar coa programación de actividades”.

Con respecto á mobilidade, o Delegado da Xunta anunciou o compromiso desa institución para resolver canto antes o tapón urbanístico da rúa Fisterra no barrio de Albeiros. Tamén se anunciou o compromiso de ambas institucións para construír un aparcadoiro soterrado na futura praza da actual estación de autobuses. Segundo indicaron dende o goberno, “dende a área de Mobilidade vemos a oportunidade clave de ter un gran aparcadoiro que permitirá que avancemos na peonalización total do casco histórico e da ronda da Muralla, que permita deixar o coche a poucos metros do centro da cidade”.

Nesta xuntanza entre Concello e Xunta avanzouse tamén na rotonda da rúa San Eufrasio. O tenente de alcalde declarou que “dende a área de Infraestruturas estamos a iniciar os trámites técnicos para solicitar a cesión da rúa”. “Isto é un procedemento necesario para facer a rotonda en Fontiñas, un punto conflictivo con respecto ao tráfico” concluiu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    pitusa
    Out 23, 2019 - 09:27 PM

    @PEPELOPEOR @Xunta Y los gorrillas estarán en la inauguración.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo