O Concello saca a contratación a producción de espectáculos no San Froilán 2017

O Concello de Lugo saca a contratación a producción integral de espectáculos das festas patronais de San Froilán 2017, organizados polo Concello de Lugo. Tal e como explicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, dita contratación realizarse por lotes. O primeiro, para os espectáculos da Praza Horta do Seminario por 81.070 euros, o segundo, para a Praza de Santa María, por 77.440 euros, e o terceiro, para o patio do Centro de Servizos Municipais, por 29.040 euros.

Así mesmo, a entidade local saca a contratación a dotación de catro carpas por 38.720 euros, que estarán instaladas na Praza de Santa María, no patio do Seminario, no Cantiño Nemesio Cobreros e na Praza da Soidade. As carpas deberán estar instaladas dende o día 4 ata o día 12 de outubro e todas as estruturas de todos os lotes deberán ser desinstaladas nun prazo non superior a 3 días dende a finalización da súa última utilización. En total, o valor estimado do contrato ascende á cantidade de 226.270 euros.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante, na web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións, que debe facerse no Rexistro Xeral do Concello, será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com