" />

Concentración no hospital Lucus Augusti polos recortes en Sanidade

Onte producíase unha concentración no vestíbulo do Hula para protestar polos recortes da Consellería de Sanidade. A Plataforma  pola Saúde de Lugo, convócante da protesta, emitiu un comunicado no que entre outras cousas di: “Os continuos recortes na nosa Sanidade traen como consecuencia o retraso sistemático por parte da Administración das revisións e controis de enfermidades crónicas, indo en contra das indicacións dos especialistas, tamén se lles está a retirar a tarxeta sanitaria a parados de longa duración; os doentes deben agardar longas horas en observación en urxencias pendentes de que quede unha cama libre en hospitalización, doentes en servizos especiais (UCI, reanimación…) coa alta asinada que non poden pasar a planta porque hai camas pechadas, reingresos derivados das altas prematuras e incluso falta de ingresos necesarios”.
Ademais denuncian que non se cobren as baixas nin se contrata a profesionais da sanidade o que fai qué se incremente de forma exponencial a carga de traballo dos profesionais ata límites imposibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo