Concerto de inicio de curso na UNED

Co gallo da celebración do segundo aniversario da asociación Tele-Clube, celebraranse dous concertos e un final de festa.

O primeiro evento terá lugar na terraza sobre o río Miño que dispón a Universidade Nacional de Educación A Distancia (UNED) na cidade, e contaran ao solpor os concertos de Allova (A Coruña) e Atención Tsunami (Madrid): música en directo para bailar. As portas abriranse ás 20h, momento a partires do cal poderase empezar a degustar unha bebida para acompañar as delicias culinarias.

Allova é un proxecto musical na onda do triphop e o indie electrónico creado a cabalo entre A Coruña e Madrid e liderado por Alla Mikhaylova (cantante, pianista e compositora de orixe rusa).

Atención Tsunami, subirán ao escenario hora e media despois, esta banda madrileña, foi construíndo o seu propio camiño ata o punto de ser considerado o seu anterior traballo, “Silencio En La Retaguardia” como o mellor disco do ano para “E Mundo” e de Madrid para a”Mondosonoro”

E para rematar a partir das 00.00 horas no centro histórico da cidade, DJ Tristón (proxecto en solitario de Ismael de The Fakes), realizará unha sesión de música de baile.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo