Reixtro Civil

Condenan a dous anos de prisión unha nai por secuestrar aos seus propios fillos

O Xulgado do Penal nº1 de Lugo condena a dous anos de prisión e catro de inhabilitación para o exercicio da patria potestade a unha muller por dous delitos de subtracción de menores con respecto aos seus fillos, de 8 e 14 anos no momento dos feitos, a quen mantivo ocultos do seu pai durante case dous anos. A xuíz condena polo mesmo delito, en concepto de cómplice, á avogada da nai, a quen impón un ano de prisión. En ambos os casos aplicáronse as atenuantes de anomalía ou alteración psíquica e dilacións indebidas.

 

Na sentenza considérase probado que a acusada “coñecedora do seu deber de entregar os fillos ao seu pai, coa finalidade de evitar o cumprimento das citadas resolucións xudiciais, ocultouse cos menores sen dar a coñecer o seu paradoiro” nun vivenda situada na localidade de Ribadeo. Segundo a resolución xudicial, “durante o período en que permaneceron ocultos, os menores estiveron sen escolarizar e sen control médico algún, permanecendo a maior parte do tempo recluídos na vivenda, da que apenas saían para evitar ser descubertos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com