" />

estati.co DAY, o congreso de marketing dixital en Lugo

A sala de eventos da rúa San Froilán,  La Ferretería, acollerá o vindeiro sábado 23 de febreiro a partir das 9:30 horas e durante toda a mañá o estati.co DAY, unha xornada na que a axencia de marketing dixital de Lugo, dedica a resaltar o bon traballo que se está a facer na provincia no marketing online. Esta actividade está incluida dentro da programación anual de workshops e eventos que organiza a empresa.
Durante toda a mañá amosarán en diferentes mesas redondas e ponencias, cun total de 12 poñentes lucenses, exemplos do bon traballo no mundo online en diferentes ámbitos: tendas en liña, redes sociais, influencer, apps e xestión de campañas. Estarán presentes dentro da mesa inicial sobre creación de contidos para redes sociais empresas como Grupo Hotusa, e pequenos comercios lucenses como Mamá Limón o Tea4Two.
Na mesa redonda de e-commerce, explicarán o seu caso empresas de diferentes ámbitos, como Bandua Wargames, que distribúe os seus produtos por todo o mundo; Sente Galicia, coa venda de paquetes de escapadas; e Mi Madre no Me deja, exemplo de como artesáns tamén poden dar o paso á venda online mundial.
Outro tema actual que abordarán no estati.co DAY será o dos influencers  e como empresas de Lugo poden aproveitarse deste tirón para os seus negocios coa presenza de microinfluencer locais como Ingrid Hughes imaxe en redes do centro comercial As Termas, Lady AdaraLaura Marón.
Neste congreso de marketing dixial tamén terá espazo o mundo das apps cunha ponencia de Brais Moure de Mouredev, sobre como posicionar e facer chegar a máis público a túa propia app, ou incluso como aproveitar unha web para convertila nunha aplicación para o móvil. Ademáis a experta en Marketing Dixital, Raquel Durán, abordará a creación de campañas efectivas en redes sociais.
estati.co pretende con este evento que todos os asistentes poidan aproveitar o coñecemento do traballo de outros profesionais e poidan aplicalo no seu propio negocio. O evento serve tamén como punto de encontro para facer networking na pausa do café e na participación activa do público nas diferentes mesas e ponencias.
As entradas xa se poden adquirir en estati.co/day, onde tamén recollen toda a información sobre o evento, e na plataforma eventbrite. O aforo é limitado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo