" />

Consolídase tras dous días a suba de casos covid que chegan hoxe a 145

145 casos activos na provincia de Lugo. Ese é o resultado do último reconto do SERGAS realizado ata as 6 da tarde de onte. Consolídase así unha nova etapa de suba de infeccións, logo de dous días de aumento leve. Con todo, Lugo continúa amosando bos datos e seguen a situarse nos niveis do pasado mes de agosto. 

O certo é que a suba ocorre logo dunha disminución nas altas médicas que hoxe chegan as 11749 dende o inicio da pandemia; e un aumento pouco significativo dos positivos detectados, 8 na última xornada fronte aos 6 do día anterior.

Con todo, as altas son menos que os positivos e, de aí, a suba de casos totais. 

As boas novas na xornada de hoxe volve ser a presión asistencial que continúa a manterse en moi bo nivel, descendendo un caso en plantas de hospitalización. Así o HULA presenta 5 pacientes covid en planta mentres que 3 permanecen na UCI; o Hospital de Monforte despediu onte a dous pacientes covid e queda con un mentres que na Mariña, o Hospital gaña un caso covid un día despois de quedar sen ningún.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo