" />

Continúa a baixar o número de casos activos por Covid-19 na área de Lugo

Con tres casos menos por coronavirus nas últimas 24 horas a área de Lugo continúa a baixar no número de infectados. Cabe destacar que onte deronse 7 altas na Mariña, o que leva a 112 os casos activos nesta comara, ao non detectarse ningún novo caso.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 202, deles 27 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 8 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 195 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.082 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 234.266.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo