" />

Continúa a baixar o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

O número de casos activos na área sanitaria de Lugo continúa a descender e nas últimas 24 horas e tal e como informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade é de 545.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén continúa en descenso con 154 casos activos menos que onte,  en total 5.530;  deles 1.017 son da área da Coruña, 403 da de Ourense, 851 da de Pontevedra, 1.315 da área de Vigo, 852 da de Santiago, e 547 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 298 en unidades de hospitalización e 5.178 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.232 persoas curadas, rexistrándose 1.303 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 975.267.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo