" />

Continúa a suba dos contaxios de Covid na provincia con 63 novos positivos detectados

619 casos activos de Covid na provincia de Lugo. Ese é o último balance realizado pola consellería de Sanidade ata as 6 da tarde de onte. Unha suba considerable logo de que na xornada anterior houbera un total de 575 casos activos. Sube tamén en 10 casos os novos contaxios confirmados por probas diagnósticas na provincia. Un total de 63 persoas resultaron positivas en Coronavirus durante a pasada xornada.

Pola contra, é positiva a presión hospitalaria que continúa estable. Así nos centros hospitalarios da provincia rexístranse un total de 19 persoas ingresadas en planta na provincia, 11 deles no Hospital da Mariña. Do mesmo xeito, as diferentes unidades de críticos da provincia non contan con ningún caso Covid. 

En total son xa 148 as vidas sesgadas polo virus na provincia; doutra banda son xa 6693 as persoas que superaron con éxito a enfermidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo