" />

Continúa a subir o número de casos por Covid na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas o número de novos positivos confirmados por PCR na área sanitaria de Lugo é de 20, segundo os datos facilitados pola  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. No que se refire á presión hospitalaria, na área sanitaria de Lugo (Lugo- A Mariña- Monforte) baixa ata os 18, un menos que onte, tres deles en UCI.

En canto á Galicia o número total de casos activos de coronavirus  é de 2.563; deles 1.007 son da área da Coruña, 216 da de Lugo, 159 da de Ourense, 210 da de Pontevedra, 487 da área de Vigo, 271 da de Santiago e 213 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 205 en unidades de hospitalización e 2.305 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.773 persoas curadas, rexistrándose 2.316 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.795.741.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo