" />

Continúa aberto o prazo para inscribirse nas actividades de Xuventude

Dende a área de Xuventude do Concello de Lugo dase aviso de que se amplía o prazo, ata o mércores, 4 de marzo, para inscribirse no curso de Monitor de Tempo Libre enmarcado nas actividades organizadas para este primeiro semestre do ano.

Igualmente, a etapa 4 do Camiño Primitivo a Santiago, programada anteriormente sen data para o mes de abril, terá lugar o sábado día 18. Do mesmo xeito segue aberta a inscrición, con prazas dispoñibles, para as actividades de Cociña Universitaria, Cultivo de Primavera e o certame de Dj´s.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo