" />

Continúa activo o temporal por vento e neve

O temporal por vento e neve que nos acompañou esta fin de semana continúa activo. Hoxe supendéronse as clases en 13 concellos de Lugo, en concreto en Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, O Incio, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Baralla, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, As Nogais, Ribeira de Piquín e Triacastela. O motivo, a acumulación de neve, que nalgúns puntos é de ata 30 centímetros.

Pero a neve non é o único fenómeno meteorolóxico que está causando problemas na nosa provincia. A chuvia fixo das súas durante a fin de semana. O Muiño chegou a subir un metro o seu caudal anegando o Club Fluvial, o restaurante O Muíño, o colexio público A Ponte e o balneario. En canto á rede provincial, o deputado Álvaro SAantos explicou que son 11 os concellos que están sufrindo acumulacións de auga.

Sen esquecernos do vento. A Axencia estatal de meteorloxía agarda para hoxe rachas de vento de entre 70 e 90 quilómetros por hora e ten decretada a alerta amarela por este motivo. Na cidade O Concello abriu esta mañá de novo os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, que estiveron pechados ao público durante toda a fin de semana pasada.

O tramo peonil do Miño e a Calzada da Ponte quedaron onte abertos, ante a baixada duns 60 centímetros do nivel da auga do río. O Paseo Álvaro Cunqueiro abriuse hoxe e mantense pechado o acceso ao Balneario por posible anegamentos.

A Delegación do Goberno en Galicia ten activa a fase de alerta por nevaradas do Plan de Vialidade Invernal nas estradas da provincia lucense. Esta medida supón que a Delegación movilizará todos os recursos necesarios para reducir os efectos do temporal nas estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo