Continúa ata xuño a programación das Mulleres con Forza

A programación cultural Mulleres con forza posta en marcha durante o mes de marzo polos gobernos provincial e municipal para conmemorar o Día Internacional da Muller, continuará ata xuño no Pazo de San Marcos e no Vello Cárcere.  Ao longo dos meses de abril, maio e xuño continuarán realizándose estas actividades en prol da figura da muller, entre as que se atoparán faladoiros, teatro e música.

Este sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas, celebrarase a xornada sobre diversidade étnico racial Afrogalegas, no salón de actos da Deputación, lugar no que o luns, día 8, ás 19.00 horas, terá lugar un ciclo de curtas coa intervención de Inés Lamela, autora do libro As Miñas fillas devolvéronme a vida.

A seguinte semana, o día 17, o Vello Cárcere acollerá a gala Maruja Mallo, compañía licenciada Sotelo. Para os días 26 de abril e 24 de maio, ás 20.00 horas, no salón de actos do Vello Cárcere, están previstos dous novos faladoiros feministas: o primeiro a cargo de Marisa Sotelo, sobre a Vida Laboral das Mulleres, e o segundo, con Mercedes Expósito, acerca da Fábrica social da Feminidade.

O 22 de maio, ás 20.00 horas, no Vello Cárcere, a cantante Faia Díaz, integrante de De Vacas, presentará o seu novo disco. A programación recolle para o día 29 de maio, ás 20.00 horas, igualmente no Vello Cárcere, unha sesión de Microefectos Dramatúrxicos. Xa no mes de xuño, no Vello Cárcere haberá dúas actuacións musicais, o día 2, ás 19.00 horas, de Sonia Labedynski, que presentará o seu disco Desertos de Centos, e o 7, ás 20.30, Najla Shami presentará o seu traballo Ela sabe a sol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo