" />

Continúa baixando a cifra de contaxiados por Covid-19 na área de Lugo

Nas últimas 24 horas a cifra de casos activos por coronavirus en Lugo e provincia baixou en 4 casos, sitúandose a cifra nestes intres en 56.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 están en unidades de hospitalización e 807 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.684 persoas curadas, rexistrándose 612 falecementos.

Os dous últimos falecementos rexistrados en Galicia por coronavirus correspóndense cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo; ámbolous dous presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 133.153.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo