" />

Continúa o descenso de casos activos na provincia de Lugo aínda cun lixeiro aumento dos contaxios

O avance do coronavirus na provincia de Lugo continúa a frearse. Aínda que moi lentamente, a baixada de casos activos empeza a consolidarse no tempo. Así, os datos publicados esta mañá polo SERGAS revelan un total de 935 infeccións activas na provincia, 16 persoas menos ca onte.

Non obstante, non podemos esquecer as altas cifras, pois os contaxios continúan en niveis similares aos da pasada semana. Ata as seis da tarde de onte, o  SERGAS tiña contabilizados 38 positivos novos, 14 máis que na xornada do luns. 

Tamén continúa en descenso a presión hospitalaria. Os centros da provincia rexistran un total de 38 ingresados, dous menos que onte e na Unidade de Coidados Intensivos do HULA tan só ten tres camas ocupadas con pacientes covid.

Tamén temos que dar conta da última vítima do virus. Un home de 93 anos de idade con patoloxías previas que finaba no día de onte no Hospital da Mariña procedente da residencia de maiores de San Cibrao. Un falecemento que supón o  undécimo vinculado á Covid no xeriátrico cervense e o 123 da provincia.

Con todo, son xa  5.219 as persoas que superaron con éxito a enfermidade dende o comezo da pandemia na provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo