Continúa o descenso dos casos activos de covid pero mantéñense a presión asistencial e os novos positivos

A Covid 19 continúa a deixar positivos na nosa provincia, eso si, en moita menos medida, e cun descenso diario do número de casos activos. Tanto é así que no último informe do SERGAS, con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte, contabilizanse un total de 1086 infeccións activas, 43 menos que onte e 85 menos que antonte. 

Dende logo boas novas con respecto ao avance desta terceira vaga. Con todo este descenso vén motivado máis polas altas recibidas que pola redución de contaxios. Se ben é certo que houbo unha baixada significativa deste baremo a pasada semana, tamén o é que a provincia leva días atascada ao redor dos 35 novos casos diarios. Contando cos festivos e a proximidade á pasada fin de semana, non se pode certificar ao 100% que os positivos detectados non vaian repuntar nos vindeiros días, pois, en fins de semana e festivos sempre se fan menos probas diagnósticas.

Mantense tamén a presión asistencial en cifras bastante altas. Un total de 78 persoas permanecen hoxe ingresadas nos diferentes centros hospitalarios da provincia, deles 25 están na UCI do HULA, a única que conta nestes intres con pacientes covid. 

En plantas de hospitalización, hai un total de 53 pacientes con infección polo virus da Covid. No HULA, nas últimas horas, rexistráronse un total de 35 paciente, en Monforte 12, cinco están no Hospital da Mariña e un no Polusa.

Asemade, nos últimos dous días o SERGAS notificou 5 novos falecementos na provincia. Trátase dunha muller de 92 que finaba o pasado día 12 de febreiro na Residencia Nosa Señra do Carme, en Sarria; tamén neste centro, morría o día 13 outra muller de 85 anos e, o 14, na mesma residencia, falecía outra usuaria, de 94 anos de idade. Tamén o 14 de febreiro fenecía no HULA un home de 85 anos, e o día 15 de febreiro outro home, esta vez de 81, finaba tamén no Hospital Lucense.

Con todo, non podemos deixar de celebrar as 10.094  persoas que xa superaron a enfermidade dende o inicio da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com