Continúan as mobilizacións do sector lácteo con outra manifestación a celebrar mañá en Sarria

Os gandeiros apoiados polos sindicatos agrarios continúan coa súa axenda de mobilizacións e mañá será a vila de Sarria, a que acollerá unha nova manifestación na que estará presente Lidia Senra, parlamentaria europea, para apoiar ao sector leiteiro galego na súa loita a prol de conseguir uns prezos xustos para o leite galego.

A ausencia de resposta e de iniciativa do Ministerio de Agricultura e da Consellería do Medio Rural ante a agonía do sector lácteo galego fan mais necesaria que nunca unha mobilización forte e contundente en demanda de Políticas de calado que sirvan para solucionar os problemas estruturais do sector, declararon fontes do sector.

Asemade o SLG manifestaba que” Mentres en Países do noso contorno como é o caso de Francia, non se fala de obstáculos legais e se implementan acordos coa industria e a distribución que permitan subir o prezo que reciben os produtores/as, no noso país, Galiza, a situación que hoxe vive o sector é dramática cun importante e crecente número de explotacións que non cubren os custes de produción. Así, pode estimarse en 3 milleiros as granxas que están a cobrar prezos por baixo dos 26 céntimos o litro”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com