" />

Continúan descendendo os casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Segue baixando o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que o número de casos activos é de 745, 27 menos que o xoves. Hai que lamentar o falecemento de tres persoas no día de onte, dúas pertencentes ao brote da residencia Domus Vi de Outeiro de Rei e outra no Hula.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.317 deles 1.237 son da área da Coruña, 745 da de Lugo, 511 da de Ourense, 611 da de Pontevedra, 406 da área de Vigo, 631 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.297 persoas curadas, rexistrándose 705 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, un varón de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC. Os dous presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 416.411.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo