Continúan os cobros de máis nos recibos da auga dos lucenses

O Concello de Lugo segue cobrando de máis aos veciños da capital no recibo da auga. Unha realidade coa que a veciñanza leva xa meses loitando, e que xa se convertiu nun dos temas recorrentes nas Comisións de Suxerencias polo elevado número de reclamacións a estes cobros.

Así o volve denunciar o Grupo Municipal do PP que insiste na necesidade de que a alcaldesa dea a orde de auditar todos os recibos da auga que se emitiron nos últimos dous anos. O voceiro da formación, Ramón Carballo, realizou esta petición ao Goberno local logo de comprobar que as reclamacións a estes recibos seguen a acumularse no Concello.

Os presuntos sobrecustes por erros nas lecturas dos contadores é xa “un problema que o Goberno arrastra dende hai dous anos e que, lonxe de solucionarse, segue sendo unha realidade que afecta a un gran número de lucenses”.

O voceiro popular matizaba que “proba delo é que no último informe da Comisión de Suxerencias, correspondente ao mes de decembro, segue o goteo de peticións de veciños para que lles devolvan o cobrado de máis no recibo da auga: de 39 queixas recibidas 16 corresponden a importes excesivos de auga”.

Os populares explican como outro clásico da comisión son as queixas pola situación dos colectores xa que “moitos teñen o sistema de apertura estragado dende hai meses” recriminando a contestación mecánica do goberno local que despacha as peticións dos lucenses “indicando que estamos na recta final da renovación do contrato do lixo” e apuntan a que “ata daquela aprazan tanto a substitución dos colectores deteriorados como a distribución deste recipientes cando saben que este contrato ainda está lonxe de materializarse”. Os populares tamén se preguntan cando van a instalar os colectores que anunciaron unha cifra moito menor que a que solicitou o PP que reclamou como mínimo 200 unidades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com