Continúan os traballos para despexar de neve e xeo as estradas da provincia

O dispositivo de seguridade formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con saleiro, 16 pick up con saleiro e cuña quitaneves, 12 vehículos todoterreo de apoio traballa desde primeira hora deste luns en máis de 100 estradas que discorren por 20 municipios do conxunto da provincia: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova e Mondoñedo.
Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 20 centímetros, ademais de placas de xeo.
Asemade hai 10 silos de sal da Deputación dispoñibles, con 35 toneladas cada un, pois os de Ribas de Sil e Pedrafita do Cebreiro están baleiros, á espera de ser enchidos novamente.
A Deputación lembra que todos os Concellos que precisen abastecerse de fundentes por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao Coordinador de Emerxencias da Rede Viaria Provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das
peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.
As estradas afectadas son as seguintes:
Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas a Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra; LU-P-0407, de Fontaneira por Vilar Dos Adrios. Todas con cadeas.
Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á escola de Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores a As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de
Cervantes a Degrada. Todas con cadeas.
Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-4501, de Poio,
por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Caurel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P- 5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a
Santa Mariña. Todas con cadeas.
A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-4606 e a LU-P-4811. Todas con cadeas.
Cervantes: LU-P-1401, de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a tres obispos; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-
P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1401, de Doiras a Piornedo ao límite provincial; LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa María; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, dos Prados a Trabado; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo; LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes; LU-P-1412, de Pena do Santo a
Setecarballos; LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; LU-P-4504, de Pedafrita a Portelo. Todas con cadeas.
O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas
a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo.
Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta por
Vallo a Vilor; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas; LU-P-3511, de Mosteiro a Pacio; LU-P-3512, da Cancela da Serra por Son a LU-722.
Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P- 3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan; LU-P-0707, de Armesto por Tores ás Nogais; LU-P-3702, das Nogais por Nullán a Lamas.
Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301, de Seoane polo Hospital e Ramais a Piñeira, Lousada e Vilela; LU-P-1304, de Mostade por Romeor a
Casares; LU-P-4501, de Poio por Louzarela ao acceso a Meiraos; LU-P-4502, de Pacios a Seixos. Todas con cadeas.
Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU- P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodio ao alto da Cruz.

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Caurel e Rampa de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara; LU-P-1306, de Megoxe por Seceda a Ferreira do Incio;
LU-P-2503, do Incio por Foilebar á LU-P-5603; LU-P-2507, de Saa a Freixo por Cereixido; LU- P-5602, de Samos polo Courel e Ramal a Santa Mariña; LU-P-5604, da LU-P-5601, por San Xoán á Ponte Louzara. Todas con cadeas.
Triacastela: LU-P-3702, das Nogais, por Nullán a Lamas; LU-P- 6201, de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei; LU-P-0706, de Guilfrei por Meizarán a Lamas; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Fillovial.
Muras: LU-P-3804, de Besar por Soutacho a Viveiro; LU-P-6602, de Ruanova, por Sixto a Muras.
Vilalba: LU-P-6506, de Ponte de Saa por Ladra a A Parrocha; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.
Ourol: LU-P-3804, de Belsar por Soutochao a Viveiro; LU-P-6602, de Ruabova por Sixto a Muras; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.
Taboada: LU-P-6001, de Taboada por Ada a Mundín; e LU-P-6002, de Ramil a Rodeiro.
A Pontenova: LU-P-4811, de Vilaemil a Carballido; e LU-P-6102, de Pontepedrido, por Vilaformán a Trabada.
Mondoñedo: LU-P-3103, de Lindin por Santa María Maior, LU-124 e Ramal ata ao campo do Castro.

Continúan os traballos para despexar a estrada ao Piornedo

A Deputación de Lugo continúa desenvolvendo as tarefas necesarias para liberar a estrada provincial LU-P-3505, que dá acceso ao núcleo do Piornedo, en Cervantes, tras producirse un desprendemento de pedras o pasando venres, 1 de xaneiro. A previsión da institución provincial é que a estrada estea aberta á circulación para a vindeira semana, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o permitan. Nestes momentos, estanse a realizar traballos de carga e retirada de pedra, así como consolidar os taludes.
A estrada está cortada á altura do punto quilométrico 16,100, a uns dez quilómetros do Piornedo debido ao derrubamento. Durante o tempo no que a estrada permaneza cortada, as persoas que queiran acceder ao Piornedo deberán facelo por Becerreá e continuar por Doiras,
Degrada e Campa da Graña. Hai que ter en conta que os vehículos que entren pola parte de Navia de Suarna, non poderán continuar pola estrada provincial ao Piornedo, tendo que desviarse antes pola estrada autonómica de Navia a Becerreá e continuar despois polo
itinerario descrito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com